Ideas Propias Editorial, de quen falamos recentemente nesta web con motivo do lanzamento dunha aplicación para iPod e iTouch, vén de ampliar tematicamente a súa estratexia de innovación arredor da aprendizaxe a distancia (e-learning). E faino coa posta en marcha do curso Apoio na organización de invertencións no ámbito institucional, unha actividade formativa que se centra no papel profesional sociosanitario na atención a persoas dependentes.
O novo curso, ao que se sumará unha serie de libros sobre a temática tratada, abrolla do catálogo de e-learning da editorial galega, unha achega que xa abrangue máis de cen actividades formativas en liña (pdf) nos eidos do comercio, a educación, a xestión empresarial, a hostalería, a informática, os idiomas ou a sanidade, entre outros temas. Lembrar que Ideas Propias conta cunha plataforma de teleformación propia a través da Rede que pon a disposición dos seus clientes para o fornecemento de cursos.
Ideas Propias amplía a súa estratexia de e-learning
Compartir Este Artigo
