
O ciclo formativo desenvolverase no Gran Hotel Santiago (Avenida Mestre Mateo 27) e para o mellor aproveitamento do mesmo “será necesario que os participantes teñan lido previamente a guía do PMBok”, informa o Colexio, que tamén lles recomenda aos participantes no curso que leven un computador portátil “co fin de poder realizar as prácticas que leva parellas a actividade”.
O prazo para a inscrición remata o vindeiro 24 de xaneiro e o número de prazas dispoñibles é de 20. Para máis información sobre os documentos que se esixen para formalizar a matrícula, os prezos e o programa de actividades, cómpre visitar a web do CPETIG.
Project Management Professional, PMP
Segundo nos explica o Colexio de profesionais galegos, a certificación Project Management Professional (PMP) é, nestes intres, unha das máis requiridas por empresas de diversos sectores industriais: empresas de T.I., construtoras e incluso organismos públicos. “É a certificación que avala os coñecementos da metodoloxía de dirección de proxectos máis estendida no mundo; aplicable a todas as industrias, son xa máis de 240.000 os profesionais certificados en máis de 160 países que dirixen e xestionan os seus proxectos con éxito”, engaden fontes do colectivo de enxeñaría técnica en informática.
