
Polo que respecta a Megasistemas, dicir que se trata dunha firma especializada no deseño, venda, instalación e mantemento de software para a planificación e xestión de recursos empresariais. Con sede en Vigo, ten como principais eidos de traballo os sectores hospitalarios, industrial e portuario. Asemade, encamiña unha boa parte do seu traballo á formación e á dirección de iniciativas informáticas.
Con base de operacións en Culleredo, A Coruña, Nova Animedia Consultores é outra das incorporacións de Ineo. O seu principal ámbito de actividade son os servizos de consultoría, máis en concreto a audiovisual, a ligada ás comunicacións/web e máis a vinculada ao deseño gráfico.
Meubook, a nova aposta do noso sector editorial a prol do aproveitamento de tódalas posibilidades da Internet 2.0 en beneficio do libro, entrou tamén a formar parte de Ineo na recta final de 2010. Tal e como temos sinalado nesta web, Meubook constitúe unha plataforma dixital que centra unha boa parte da súa actividade na venda e difusión de libros e, tamén na promoción da nosa cultura a tódolos niveis.
Polo que atinxe a Inteco Enxeñaría, dicir que con sede operativa en Vigo dedícase principalmente ao desenvolvemento de software a medida: deseño e posta en marcha de programas informáticos para os sectores industrial, comercial e servizos. Asemade, céntrase tamén na realización de proxectos de enxeñaría civil e instalacións industriais así como o estudo de melloras en procesos produtivos
Formaten, outra das incorporacións a Ineo, é unha nova compañía viguesa especializada nas plataformas, os sistemas de desenvolvemento e os programas informáticos para todo tipo de actividades: formación, xestión empresarial, etc.
Ineo recibiu na recta final de 2010 cinco novas adhesións
Compartir Este Artigo
