
Con este motivo, púxose en marcha na Rede unha reivindicación para lembrarlles a estes clubs que amais dos seus logros deportivos, tamén poden recoller froitos culturais e lingüísticos. A iniciativa, en realidade, non é nova. Xa existe no Facebook un grupo chamado Un Dépor en Galego, do que forman parte máis de medio milleiro de internautas. A intención é tirar proveito deste xermolo e acadar un número maior de participantes co obxectivo de levar a cabo actos públicos, roldas de prensa e outras actividades de promoción ou reivindicación.
“Empecemos por sumar, despois podemos estudar de que xeito se comeza a presionar e a reivindicar o uso do galego nos equipos de Galiza”, sinálase en Galegolab. Polo tanto, o paso inmediato a seguir é acadar unha “masa crítica”, unha cantidade abonda de xente para darlle forma a unha mobilización xenérica, e a partir de aí estudar as estratexias. Xa está dispoñible na rede o documento (.doc) con toda a información sobre a iniciativa.
Iniciativa na Rede para asentar o uso de galego no noso fútbol
Compartir Este Artigo
