O buscador Google segue a traballar na liña de deixar de ser só un buscador para converterse en algo máis, se cadra nunha ferramenta multiusos na Rede. É nesta liña onde se insire a loita de mercado co seu novo rival, Groupon, empresa que puído entrar a formar parte do grupo (rexeitou unha oferta de compra do buscador de 6.000 millóns de dólares) e que agora devén en competidora tras a decisión de Google de crear Google Offers, un sistema de seu para subministrar compras turísticas con descontos e demais. Segundo se conta na Rede, os beneficios que a nivel de usuario poden ter este servizo Offers son un pouco os mesmos cós de Groupon, pero co logotipo de Google que sempre pinta ben.
Leas aparte, ser usuarios disto, fará que recibamos cada no noso correo unha oferta de negocio local que logo poderemos presentar, en formato papel, no establecemento que emitira eses descontos. Resultado? Comer ou durmir fóra sairá por norma máis barato do prezo normal dos negocios que nos gusten, coa vantaxe de irmos a tiro fixo e quedar ben diante das persoas que nos acompañen. Isto dos cupóns non é novo, xa que se vén facendo dende hai tempo no eido do téxtil. Volvendo a Offers, dicir que semella feito para satisfacer a tódalas partes implicadas: a Google porque sacará unha boa tallada de anunciantes e publicidade, e aos negocios que se promovan por esta vía porque verán como Google reparte o 80% do que se saque aos tres días de facer caixa, e o 20%, dous meses máis tarde. O servizo Offers trae o preciso para que os pagos se podan facer co móbil.
Google lanzará un servizo de cupóns turísticos de desconto
Compartir Este Artigo
