O estudo Platinum Games acadou unhas críticas moi positivas cando lanzou o xogo Madworld para Wii que non foi acompañado con boas vendas posiblemente por non ser axeitado o seu contido violento para unha consola de Nintendo, de aí que dea a impresión de que queren desquitarse co novo título que veñen de presentar: Anarchy Reigns.
Este novo xogo chegará ás tendas en outono de 2011 para Xbox 360 e PlayStation 3, e será un título de loita multixogador en terceira persoa coa calidade e a innovación propias do seu estudo de desenvolvemento, como xa demostrou con Bayonetta (xogo para PS3 e Xbox 360 no que coincidiron crítica e público na súa boa acollida).
Anarchy Reigns permitirá que os xogadores combatan en modos Tag Team e Battle Royal, nos que os xogadores poden desafiarse entre si nunha loita total para lograr a vitoria, no que promete ser todo un espectáculo de violencia do que gozará unha importante parte do público das actuais consolas domésticas de alta definición.
Teaser do xogo

