Dende a chegada e proliferación das redes sociais en Internet, as persoas de a pé temos a posibilidade de facerlles chegar aos nosos gobernantes as peticións e ideas que teñamos a ben enviarlles, a través de mensaxes nos seus muros e perfís, porén corremos o risco de que estas caian no esquezo ou non cheguen a plantexarse onde realmente teñen valor: no Parlamento.
É por isto que a re-estrea da web do Parlamento de Galicia, activada a pasada fin de semana, non só alegrará aos máis esixentes en materia de deseño e manexabilidade pois se por algo destaca a nova ferramenta é pola súa funcionalidade e, como non, pola posibilidade que ofrece de contactar cos deputados dos grupos parlamentarios a través do correo electrónico.
A web, ademais de ser máis funcional e atractiva, incorpora unha páxina de inicio máis intuitiva que a anterior, na que a actividade parlamentaria cobra máis protagonismo e na que se lle da máis importancia á información xestada no hemiciclo galego.
Porén o máis salientable da ferramenta online da que damos conta é que incorpora un mapa do hemiciclo que permite acceder aos datos biográficos, correo electrónico e teléfono de contacto dos 75 deputados e deputadas da actual lexislatura a golpe de rato.
O redeseño desta web é a primeira acción dun amplo abano de medidas recollidas no Plan Director dos Sistemas de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia, que, segundo informan dende a Xunta, “irase executando ao longo da actual lexislatura”.
O obxectivo é, segundo engaden, “que ao remate do actual mandato a Cámara sexa e funcione como un Parlamento virtual, facilitando o labor de deputados e traballadores da institución, ademais de impulsar a interacción cos cidadáns a través da Rede”.
A nova web do Parlamento achega os datos de contacto dos deputados
Compartir Este Artigo

