
Este software, que estará en breve no mercado, chámase Visual Count. Resulta especialmente axeitado para entidades que leven a cabo campañas na rúa e queiran avaliar ata onde chega a súa eficacia. Deste xeito, amais de computar o fluxo de persoas, recolle información salientable das mesmas. O sistema posto en marcha pola empresa con sedes na nosa terra inclúe unha infraestrutura de cámaras portátiles para emprazar naqueles espazos máis estratéxicos da contorna na que se desenvolva a iniciativa a rexistrar; estes equipos pódense desprazar coa campaña mesma ao tempo que subministran fotografías e información da mesma a un ordenador.
Segundo contan os responsables do software, o seu funcionamento, para facérmonos unha idea, é semellante ao dos sistemas para o control que hai nos aeroportos (incluíndo perfís das persoas a través dun escaneado), aínda que a finalidade sexa ben diferente. A través dun estudo complementario das imaxes que se van rexistrando, poderemos ver cales son os intres da xornada en que a compaña ten máis repercusión ou en que eido da cidadanía ten máis influencia. A xuízo da empresa de Lugo, a ferramenta cumpre con tódolos requirimentos da Axencia de Protección de Datos, xa que entre outras cousas contémplase a destrución inmediata das imaxes xeradas unha vez que se estuden.
Animatium prepara un software para avaliar campañas de promoción na rúa
Compartir Este Artigo
