Non hai nin unha semana que estreamos febreiro, e o departamento de I+D+i de Panda, xa vén de publicar datos sobre os ataques de virus rexitrados polos nosos ordenadores en xaneiro deste ano.
Segundo os mesmos, o 38 por cento dos ordenadores analizados por Panda Security durante xaneiro estaban infectados por algún tipo de ameaza infomática no noso país.
España ocupa o posto 35 no ranking mundial de países infectados, situándose por debaixo da media do top 20, que encabezan Vietnam, Exipto e Tailandia, con índices de infección que superan o 50 por cento.
En canto ao tipo de ameazas informáticas que máis están a afectarlle aos ordenadores españois, Panda apunta que o 55 por cento ten troianos; preto do 15 por cento está infectado por virus máis tradicionais, e o 10,65 por cento por vermes informáticos.
No tocante ás familias de malware que máis infeccións causan, as cifras apuntan que son os troianos máis xenéricos os que ocupan o primeiro posto, porén seguidos moi de preto polos coñecidos Conficker ou Lineage.
Según Luis Corrons, Director Técnico de PandaLabs, “a boa nova é que España, a lo menos durante o mes de xaneiro, saíu da listaxe dos países con máis ordenadores infectados por malware, situándose cun nivel de infección do 38 por cento, moi na liña de países máis adiantados neste senso como os asiáticos ou da Europa do Este”.
España abandoa o top 20 de países con máis ataques de malware
Compartir Este Artigo

