Cando Donkey Kong Country Returns está a vender millóns de copias para a Wii chega ás tendas españolas o xogo para Nintendo DS Mario vs Donkey Kong: ¡Megalío en Minilandia!, que recupera ao Donkey Kong orixinal (un inimigo de Mario, en vez do protagonista dun xogo de plataformas) que secuestra a Pauline durante a inauguración dun parque de atraccións de xeito que o noso fontaneiro favorito deberá rescatala coa axuda dun grupo de miniaturas de xoguete feitas á súa imaxe e semellanza (os Minimarios).
O xogo é a cuarta entrega da saga Mario vs Donkey Kong en consolas portátiles, aínda que grazas á interface de uso da DS posiblemente esteamos ante a versión máis accesible, que garante moitas horas de diversión ao longo de 64 niveis estándar, 8 niveis Donkey Kong, 8 minixogos 1 nivel de xefe final (Noria final), 10 super niveis Gran Arco da Vella e 10 niveis de experto (Almacéns segredos). Tamén inclúe un editor de niveis e ponse á venda este mesmo venres.
Trailer do xogo para Nintendo DS
Mario volve a enfrontarse a Donkey Kong na Nintendo DS
Compartir Este Artigo

