Pese a que saibamos que en marzo vai saír o xogo Angry Birds Rio, iso non impedirá que a vindeira semana os paxaros anoxados presenten un xogo co gallo do Día de San Valentín, aínda que parece ser que en vez dun xogo completo o que termos será unha actualización do Angry Birds Seassons, que deste xeito xunta as edicións especiais de Halloween, Nadal e San Valentín, converténdose nunha expansión moi sólida do xogo que tanto éxito está a ter en iOS e Android.
Esta nova entrega de Angry Birds conservaría a mecánica das anteriores, pero contando no seu deseño unha maior presenza da cor rosa e de motivos propios do Día dos Namorados (corazóns, agasallos, querubins…), o que parece ser escusa dabondo para continuar con este fenómeno que está a converterse en toda unha icona cultural.
Os Angry Birds celebrarán o San Valentín
Compartir Este Artigo

