
En total concedéronse 30 galardóns de entre os 71 proxectos presentados por parte de docentes das etapas de infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato da nosa Comunidade. Este ano a Consellería de Educación, no marco da súa aposta pola calidade do ensino, incrementou a contía dos premios, pasando dos 3.000 aos 6.000 euros.
No acto, celebrado en San Caetano, Vázquez Abad destacou que o esforzo dos premiados para o desenvolvemento da innovación pedagóxica “é unha actitude ética perante a vida que serve de exemplo para todos cantos traballamos en corpo e alma a prol da excelencia educativa”.
O conselleiro engadiu que estas iniciativas demostran “que avanzamos na defensa da eficacia do sistema educativo como pedra angular do benestar social e das políticas de progreso económico e cultural”. Así, destacou o apoio da Consellería de Educación a estas iniciativas, co fin de que acadar a consolidación da mentalidade innovadora “converténdose nunha práctica cotián e institucionalizada que fará das nosas aulas viveiros da intelixencia, pancas de progreso e impulsos de transformación social”.
A convocatoria dos premios deste ano centrouse nos proxectos relacionados co fomento do plurilingüismo e a potenciación das linguas estranxeiras; asi como nos referidos ao uso da tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e a introdución das competencias básicas na aula dixital.
Tamén se centrou nos relacionados coa atención á diversidade e aos materiais e ferramentas de reforzo educativo que favorezan a accesibilidade ao currículo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Con estes premios á innovación educativa a Consellería de Educación valora as experiencias innovadoras que se están a desenvolver nos centros educativos galegos e que supoñen unha mellora da calidade do ensino.
Educación premia a aposta pola innovación educativa a través das TIC
Compartir Este Artigo

