Tras a chegada de Call of Juarez e Call of Juarez: Bound in Blood, importantes expoñentes do xénero do western no mundo dos videoxogos, dende Techland sorprenden ao anunciar que están a preparar Call of Juarez: The Cartel, o que suporá un radical cambio de ambientación na saga, pasando dun xogo do Vello Oeste a unha historia de narcotráfico na actualidade que transcorre en Los Ángeles (con traslados puntuais a Juárez).
Este xogo chegará no verán para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, e nos vindeiros meses daranse máis detalles deste título que promete moita acción e ao que cómpre botar un ollo aínda que sexa só para analizar se o cambio de época non pasa factura a unha saga do Oeste que conserva localización pero muda de século.
O novo Call of Juarez ambientarase no presente
Compartir Este Artigo

