
Deste xeito Microsoft e Nokia selan unha alianza recíproca, na que Microsoft achegará o seu sistema operativo móbil e o seu buscador de Internet Bing, mentres Nokia contribuirá coa súa experiencia no deseño de terminais e convertendo a Nokia Maps no servizo de mapas de Microsoft (de xeito que integrarase en Bing). A tenda de aplicacións e contidos de Nokia tamén pasará a integrarse no Microsoft Marketplace.
Dende Nokia agardan seguir comercializando Symbian como unha plataforma de franquía, das que xestionará as licenzas (agardando vender uns 150 millóns de terminais con este sistema nos vindeiros anos), mentres que MeeGo quedaría como unha ferramenta a explorar a máis longo prazo, aínda que o móbil que tiña previsto pórse á venda este ano con tal sistema operativo podería chegar a ver a luz de igual xeito. Amais, a compañía finlandesa ten pensado dividir a súa estrutura en 2 unidades de negocio diferenciadas, dedicándose unha aos dispositivos intelixentes e a outra aos teléfonos móbiles, tendo cadansúa estratexia comercial.
Aínda non hai data para o lanzamento do primeiro Nokia Windows Phone e durante o anuncio deste acordo Steve Ballmer destacou que non é un acordo de exclusividade, pero parece evidente que beneficia tanto a Nokia como a Microsoft, pois actualmente Nokia está a ver como Android está a superalos, mentres que Windows Phone 7 está a pasar desapercibido no mercado, polo que a aposta conxunta podería ser a solución perfecta para sobrevivir no actual contorno competitivo.
No tocante a un posible tablet de Nokia, admitiron que estaban a realizar desenvolvementos internos, pero poderían chegar a lanzar algún dispositivo baseado en tecnoloxía de Microsoft.
Rolda de prensa na que anunciaron o acordo entre Nokia e Microsoft
Os smartphones de Nokia funcionarán con Windows Phone
Compartir Este Artigo
