
Por certo que a xornada ten un carácter específico, xa que vai dirixida sobre todo aos talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos. A intención é que a actividade non fique aí e que se complete con novas sesións divulgativas que abrangan unha boa parte dos nosos restantes sectores produtivos. A xornada insírese no programa Empresas en Rede do Plan Avanza2, de ámbito estatal e de interese para empresarios, autónomos e profesionais de máis de 30 cidades españolas.
Nas Xornadas empresas en red, informa Modernización “un equipo de especialistas amosan a aplicación e o uso eficaz da tecnoloxía específica para este sector co obxectivo de potenciar a súa competitividade e rendibilidade empresarial”. As sesións duran unhas 3 horas e responden “a unha formulación dinámica e participativa, incluíndo unha demostración de ferramentas tecnolóxicas específicas para este sector e a participación dun empresario galego que aporta a súa exitosa experiencia co uso das TIC”. Por certo que ao tempo que se achegan recursos prácticos dende a zona propiamente informativa, as xornadas incorporan tamén unha zona expositiva con stands das empresas que colaboran no programa e que presentan os seus servizos. Para participar nestes eventos, cómpre que as empresas se inscriban, de xeito gratuíto, na páxina web da Secretaría Xeral de Modernización, na web específica das sesións ou ben nos teléfonos 901 900 333/881 999 119.
O CNTG acolle este mércores unha xornada sobre as vantaxes das redes para os nosos talleres
Compartir Este Artigo
