
Polo tanto, a primeira cita será hoxe a partir das 23.00 horas, co concerto e jam session de Steps 3 Jazz + GDJazz. A experiencia non é nova, e remóntase a 2004, cando dende o club compostelán se levou a cabo unha primeira tentativa de retransmisión en liña, en directo, pero no se retomou o tema de xeito firme ata o de agora, principalmente polos problemas de imaxe que tiveron as primeiras experiencias. Este intre que vivimos, conta Carmen, é máis indicado para facelo, sobre todo grazas ás melloras inseridas nas novas tecnoloxías no que a calidade da imaxe e a transmisión se refire.
O obxectivo principal desta aposta polas redes é o de responder a unha demanda concreta: a dos centos de seareiros do jazz e do club compostelán que están arestora fóra de Santiago e Galicia e que devecen por ter unha oportunidade de pasar unha velada de boa música, aínda que sexa a distancia.
O Dado Dadá retransmite dende este martes os seus concertos por Internet
Compartir Este Artigo
