Os usuarios que gusten de levar a súa consola de videoxogos de viaxe poden optar por facerse co maletín GAEMS G155, que vén de abrir o seu proceso de reserva (chegará ao mercado en abril), e que permite levar no seu interior unha Xbox 360 (nos seus distintos modelos) ou unha PlayStation 3 (do modelo actual) protexéndoa de golpes á vez que tamén incorpora unha pantalla LED de 15,5 polgadas con conectividade HDMI e altofalantes estéreo para poder gozar dos nosos xogos favoritos en case calquera lugar, aínda que a un prezo que está fóra do alcance da meirande parte dos mortais (véndese a un prezo de 299,99 dólares (219,29 euros).
Así faise uso do maletín GAEMS G155
Maletín para protexer e transportar consolas de videoxogos domésticas
Compartir Este Artigo

