
No caso de Crysis 2 estamos ante un título moi agardado, que non chegará ás tendas ata dentro de máis dun mes, polo que a filtración dunha copia sen rematar do xogo na rede BitTorrent é un duro pau para Crytek e EA, que tiveron que destacar que a versión que circula na Rede non é a definitiva, pois o xogo aínda está sen rematar, e quéixanse do dano que este tipo de filtración fan á industria dos videoxogos para PC, aínda que tampouco afondan na orixe da copia que está a distribuírse, e que parece incluír tanto o modo campaña coma o multi-xogador (incluíndo a chave mestra para a activación do xogo en liña).
A filtración de copias sen rematar de produtos non só fan que algúns usuarios que poderían reservar ou comprar o produto o día do seu lanzamento non realicen tal investimento, á vez que xera unha falsa imaxe do xogo, pois moitos criticarán o título segundo unha versión de proba, descoñecendo o produto final, que claramente estará máis pulido.

Esta filtración podería afectar seriamente ás vendas, polo mero feito de chegar antes ás redes de intercambio de ficheiros que ás tendas, e coma no caso anterior o máis condenable debería de ser a orixe das filtracións, pois non resulta moi comprensible que profesionais dunha industria sexan os que publiquen as súas estreas antes do seu lanzamento oficial, dinamitando o futuro do sector.
Killzone 3 e Crysis 2 chegan ás redes P2P antes que ás tendas
Compartir Este Artigo

