
Interveñen Andrés Maneiro Boga, enxeñeiro técnico industrial e especialista en software libre, que falará sobre a aplicación da tecnoloxía para o progreso humano, a propiedade intelectual e a súa relación con cuestións de desenvolvemento local.
Tamén falará Lorena Rilo Pérez, técnico da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, que se encargará de presentar e dar a coñecer as actividades que realizan dende este organismo.
As sesións de hoxe, como dixemos, forman parte dun ciclo-curso que tivo a súa primeira entrega o pasado 22 de febreiro. Na organización desta actividade atópanse Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e a Oficina de Cooperación e Voluntariado.
O software libre como motor do desenvolvemento, a debate este martes na UDC
Compartir Este Artigo
