
Estas vacantes foron dadas a coñecer no Diario Oficial de Galicia do pasado 2 de febreiro, onde se dá conta da resolución do 25 de xaneiro da dita Dirección Xeral “pola que se convoca un proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes por persoal laboral fixo na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e nas súas sociedades, Televisión de Galicia S.A. e Radiotelevisión Galicia S.A”. No medio de tódolos postos de traballo a cubrir, inclúense catro da analista programador. Tal e como figuran a día de hoxe as esixencias a cumprir para concorrer a estas prazas, sería preciso estar en posesión dun título dun ciclo superior da familia de Informática ou equivalente, ou o título de Bacharelato máis un ano de experiencia. A xuízo do CPEIG, o desenvolvemento deste labor ten que estar garantido por un profesional cunha completa formación no eido tecnolóxico e informático. Cómpre lembrar que un dos cometidos do colexio é velar, precisamente, pola defensa dos intereses dos seus colexiados, amais de “exercer a representación e defensa da profesión ante calquera administración pública, institución, tribunal, entidade e particular, podendo exercitar o dereito de petición conforme á Lei e propoñer cantas reformas lexislativas estime xustas para a defensa da profesión”.
Os enxeñeiros en Informática queren concorrer ás prazas de analista programador da CRTVG
Compartir Este Artigo
