A primeiros de ano Serious Sam, a saga de xogos de acción en primeira persoa nacida no PC en 2001, rexurdiu coma xogo en alta definición descargable para a Xbox 360, pero iso parecía ser só un xeito de preparar o terreo para unha nova entrega da saga, Serious Sam: BFE, que será un título para Xbox 360, PlayStation 3 e PC ambientado no século XXII (ou sexa, ambientado antes da primeira entrega) e con multixogador cooperativo para 16 xogadores.
Tamén contará con modos de multixogador en liña coma o deathmatch ou a caza de bestas. Este título de Croteam chegará ás tendas no verán e polo momento podemos ver varias imaxes do xogo que presentan unha aparencia gráfica bastante coidada e moi na liña desta franquía:
Primeiras imaxes de Serious Sam: BFE
Compartir Este Artigo

