A Nintendo 3DS conta cun respectable catálogo inicial de xogos, pero algúns dos títulos máis agardados para esta consola non chegarán ata 2 ou 3 meses despois da súa saída ao mercado, coma é o caso de The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, un remake do que moitos consideran que foi o mellor xogo de todos os tempos (con puntuacións perfectas en publicacións como Famitsu, EDGE, EGM, GameSpot ou IGN), e que segundo confirmou Satoru Iwata durante a Game Developers Conference, chegará no mes de xuño. Tamén publicaron algunhas imaxes do xogo que permiten ver o seu elevado nivel gráfico, polo que é de agardar que non decepcione aos seguidores do xogo orixinal para Nintendo 64, que curiosamente foi o primeiro da saga protagonizada por Link en contar con gráficos 3D (e que agora poderá verse en estereoscópico).
Durante a GDC 2011 tamén falouse do novo xogo de Zelda para a Wii, The Legend of Zelda: Skyward Sword, do que coñeceranse máis detalles a primeiros de xuño na feira E3, quedando aínda por fixar a súa data de lanzamento, aínda que todo apunta a que será antes do Nadal. O que si temos finalmente é un trailer do xogo no que podemos ver os detalles típicos desta franquía: exploración de alxubes, loitas con diversos inimigos e resolución de puzzles.
Trailer do novo Zelda para Wii
O remake para 3DS de Ocarina of Time chegará en xuño
Compartir Este Artigo

