As cámaras dixitais compactas cada vez teñen maiores prestacións que van máis alá dun sensor con moitos megapíxeles ou unha óptica de calidade, entres as que destaca especialmente a Panasonic Lumix FX78, que incorpora retoques fotográficos na propia cámara que buscan tratar o ton de pel, reducir os brillos, estirar a cara, agrandar os ollos, facer máis brancos os dentes, aplicar sombra de ollos, modificar a cor dos beizos… converter unha fotografía ordinaria nunha imaxe que pareza saída dunha revista de moda. Os efectos en cuestión están incorporados nos modos Beauty Retouch e Cosmetic.
A Panasonic Lumix FX78 ten un sensor de 12 Mpíxeles, zoom óptico de 5x, sensibilidade ISO 1.600, gravación de vídeo Full HD e modo 3D simulado, polo que estamos ante unha cámara con boas prestacións, de xeito que os curioso modos de retoque fotográfico serían un simple complemento para marcar a diferenza nunha categoría de produto na que cada vez hai máis competencia.
A Lumix FX78 incorpora retoques fotográficos
Compartir Este Artigo

