O videoxogo Torchlight conseguiu moita sona na súa versión para ordenadores persoais como un RPG de acción no máis puro estilo da saga Diablo (da que bebe directamente), e que hoxe estréase no Bazar de Xbox LIVE Arcade cunha demo de balde e o xogo completo para Xbox 360 por 1.200 puntos de Microsoft (14,4 euros).
No xogo poderemos elixir entre 3 clases de personaxe e abandonar a seguridade da cidade de Torchlight para introducirse en niveis de alxubes xerados aleatoriamente, nos que atoparemos multitude de monstros, botíns e buscas que completar. Amais, unha vez rematado o xogo principal poderemos desbloquear un alxube infinito, o que garante moitas horas de diversión neste título de Runic Games e Microsoft Game Studios.
Torchlight estrea versión para Xbox 360
Compartir Este Artigo

