
Con este fin, e co obxectivo de que non se dean máis casos de discriminación de tipo lingüístico no eido das empresas de telefonía, a Mesa convida aos usuarios dos seus servizos en liña a facela partífice de todo canto caso de desleixo co galego se poida rexistrar. Máis polo miúdo, de casos de discriminación no ámbito dos servizos de atención de consultas postos en marcha polas ditas operadoras para atender, polo menos no plano teórico, á súa clientela.
“Malia seren empresas privadas”, informa a Mesa “o seu compromiso contractual coas usuarias e usuarios pasa por ofertaren un servizo de calidade; compromiso que incumpren cando, para alén de non ofreceren o seu servizo en galego, tentan mesmo impedir o dereito de usarmos a nosa lingua propia”. Por este motivo, en caso de termos experimentando algún tipo de rexeitamento co galego nos devanditos servizos, cómpre que llo amosemos á comunidade internauta a través da seguinte conta de correo: amesa@amesanl.org.
A Mesa convoca aos internautas para pórlle fin á discriminación ao galego das operadoras
Compartir Este Artigo

