
Segundo se conta estes días na Rede, a SGAE contará en breve cun código de boas prácticas e cunha figura que será algo así como o Defensor do Pobo para o Goberno pero no ámbito do cobro polos dereitos. Asemade, comprometeuse a non emprender accións legais de tipo penal contra usuarios particulares de redes da información, máis polo miúdo por ter intercambiado nas redes arquivos dixitais. O seu obxectivo, din fontes da Sociedade, serán son estruturas organizadas “onde o nivel de infracción sexa masivo”.
Este novo código de conduta da SGAE será válido ata 2014, e foi presentado os días pasados polo presidente do Consello de Dirección, Teddy Bautista, durante un encontro celebrado ao abeiro do Foro da Nova Cultura. O propio Bautista confirmou estes aires de cambio. Con este código, declarou, preténdese contribuír á adaptación da SGAE aos novos tempos da rede participativa, a das redes sociais e a de internet nos móbiles de última xeración. Deste xeito, máis que apostar por unha estratexia penal, farase fincapé na achega de coñecemento e máis na de información sobre os obxectivos e o valor da actividade da sociedade de xestión. Tamén se busca facer o máis transparentes posibles as operacións de cobro polos dereitos de autor, apostando polo espazo web propio de seu e polos seus cadernos nas redes sociais.
A SGAE só centrará a súa actividade penal en infraccións de envergadura
Compartir Este Artigo
