
Asemade, a súa presentadora, Yolanda Vázquez, está entre as nomeadas como Mellor Comunicadora de Televisión. Cómpre lembrar que Conexións xa ten unha experiencia tras de si: leva dúas tempadas e unhas porcentaxes de audiencia que teñen chegado ao 14% nos seráns dos sábados. O espazo vén da man da Dirección Xeral de I+D da Consellería de Economía.
Polo que respecta ao resto dos nomeados nos Mestre Mateo (a celebrar, por certo, o 17 de abril no Auditorio Municipal de Ourense) que máis collen de preto a temática de Código Cero, dicir que as candidatas á mellor obra interactiva son Contoplanet (contos en galego para aparellos de Apple achegados por Galaxia e El Perro Verde), Eufalo.tv (proposta de A Navalla Suíza para ilustrar a situación da lingua galego a través da participación en liña), Galegolab (plataforma dixital para promover o noso idioma onde máis se bota en falta) e máis O soldadiño de chumbo para iPad (estrea de Galaxia que inaugura a súa serie Contos de Cinema).
No que se refire á mellor curta de ficción, as finalistas son El grifo, Leo y Mario (se dejan), A residencia e Xoel y los X-Men, chegando á recta final destes galardóns na modalidade de animación as seguintes pezas: Checkout, Cribba, o vampiro e Gato encerrado. Polo que atinxe ás obras finalistas na categoría de mellor obra experimental, dicir que competirán polo premio Mestre Mateo Canto de permanencia, (Des)ahógate, Manuscritos pompeianos e Rural pretérito.
Para rematar, na modalidade de mellor achega de publicidade compiten Cando un galego crece, toda Galicia crece e Orgullosos do galego e as propostas de Turgalicia e Xacobeo Lobelle.
Conexións, Contoplanet, Eufalo.tv, Galegolab: finalistas nos Mestre Mateo
Compartir Este Artigo
