A complicada situación no Xapón provocou un retraso no lanzamento do primeiro contido descargable para o xogo Marvel vs Capcom 3, que finalmente veu a luz nas últimas horas, de xeito que os seareiros deste xogo de loita xa poden mercar os primeiros personaxes adicionais do xogo: Jill Valentine (da saga Resident Evil) e Shuma-Gorath (monstro da Marvel que semella un polbo ciclópeo). Aparte do retraso destes contidos hai un factor que está a verse dun xeito máis crítico como a sospeita de que ambos personaxes veñen incluídos no disco do xogo (ou sexa, que ao mercalos só se desbloquearían os personaxes) e que o seu prezo considérase abusivo (uns 5 euros por personaxe).
Marvel vs Capcom 3 é un dos xogos de loita máis agardados nos últimos tempos, estando dende unhas semanas dispoñible para Xbox 360 e PlayStation 3, e prometendo numerosas actualizacións nos vindeiros meses para ampliar a súa vida nas nosas consolas.
Jill Valentine é un personaxe moi completo, cun estilo de loita a medio camiño entre Wesker e X-23
Jill Valentine e Shuma-Gorath incorpóranse a Marvel vs Capcom 3
Compartir Este Artigo

