Os traballadores de Televigo mobilizáronse para protestar ante o peche administrativos ao que terá que facer fronte a canle local por estar e emitir en TDT sen contar coa pertinente licenza, como denunciaron o pasado verán os adxudicatarios das licenzas na demarcación de Vigo (Utega e Rías Baixas de Produción), que protestaban porque Televigo «non só emite os seus contidos sen a pertinente autorización administrativa da Xunta, senón que ocupa un espectro radioeléctrico sen autorización do Ministerio de Industria».
Televigo recibiu nos pasados días un auto de peche por parte de Secretaría Xeral de Medios no que figura o peche cautelar do medio que carece de «título habilitante para a prestación do servizo de telecomunicación audiovisual televisiva», o que ocasionou a protesta dos 50 traballadores da canle (29 no cadro de persoal e 21 colaboradores) ante o edificio administrativo da Xunta na cidade de Vigo, onde o director do medio, Roberto Fontán, asegurou que «a Xustiza daranos a razón tarde ou cedo. E espero que volvamos a estar no aire. (..) Faremos o imposible para que non nos pechen».

Os traballadores de Televigo tamén critican que na súa demarcación as licenzas de TDT fosen a parar a grandes grupos e non a canles pequenas en funcionamento, omitindo o feito de que Televigo quedase fóra do concurso da TDT por non entregar correctamente a documentación necesaria para concorrer ao mesmo (sendo a única canle de toda Galicia en cometer tal defecto de forma).
Non podemos esquecer que, aínda que Televigo leve bastantes anos en activo, ao dar o salto ao dixital cometeron unha ilegalidade consciente, polo que resulta bastante dubidoso que poidan prosperar as reclamacións por danos e prexuízos que teñen pensado emprender os traballadores da canle local que, segundo publican en Xornal de Galicia, ameaza con continuar as emisións pese ás «ameazas e multas».
Podemos escoitar a versión dos traballadores de Televigo sobre esta polémica no seu último informativo.
Televigo podería botar o peche por emitir sen licenza
Compartir Este Artigo
