
Máis en detalle, o proxecto apóiase nas posibilidades da tecnoloxía AnyWire, “única a nivel mundial pola súa capacidade para transmitir de xeito simultáneo por máis de un medio (coaxial, telefónico, eléctrico), ofrecendo ademais a posibilidade de canle dupla, o que garante a fiabilidade das comunicacións”, informa a empresa galega. A tecnoloxía, que achega polo tanto importantes melloras en conectividade e accesibilidade, ten un gran potencial para o sector do transporte, en tódalas súas modalidades (automoción, transporte de pasaxeiros e de mercadorías por estrada, ferroviario, naval e aeronáutico). Asemade, presenta grandes vantaxes para o sector sociosanitario, ao permitirlle un importante aforro de custes e unha meirande calidade no servizo.
O obxectivo que se propón coa iniciativa que lidera Arteixo Telecom é desenvolver produtos e aplicacións para cada un dos nichos de mercado, definindo os posibles escenarios e casos de uso para cada sector. Segundo informa a empresa galega, trátase do primeiro proxecto de investigación encamiñado á creación de ferramentas de AnyWire nos devanditos sectores produtivos, xa que se trata dunha tecnoloxía concibida nun principio para a conectividade dos dispositivos electrónicos do fogar e, ata o de agora, os desenvolvementos limitáronse a este eido.
A alianza empresarial constituída arredor deste proxecto está integrada por seis empresas complementarias na súa actividade, o que serve de exemplo idóneo para reforzar a idea da colaboración como método imprescindible da competitividade e do desenvolvemento. En total, falamos de seis empresas procedentes de Andalucía (Isotrol), Catalunya (Gible Networks) e Galicia (Arteixo Telecom, Level Telecom, Cablerías Auto e Castrosúa). Asemade, participa activamente no proxecto o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. A maiores, conta co axuda do Centro Tecnolóxico da Pesca, Gradiant, a Fundación TecnoCampus Mataró-Maresm (NetLab) e, a Fundación i2CAT e a Universitat Politécnica de Catalunya.
Pulo ao proxecto que lidera Arteixo Telecom para modernizar o transporte e os servizos socio-sanitarios
Compartir Este Artigo
