Tras o éxito de Spider-Man: Dimensions, Activision confirmou que o seu estudo de desenvolvemento, Beenox, repetiría en futuros xogos do personaxe da Marvel, e agora confírmano anunciando Spider-Man: Edge of Time, un novo xogo que no outono chegará en versión para Xbox 360, PlayStation 3, Wii e consolas portátiles (sen determinar).
Edge of Time recuperará a fórmula de Dimensions ao permitir o uso de distintas versións de Spider-Man no mesmo xogo, estando só confirmadas polo momento as encarnacións do Home Araña coñecidas como Amazing Spider-Man e Spider-Man 2099.
A historia do novo xogo corre a cargo do guionista Peter David, quen trazou toda unha trama na que haberá que arranxar unha liña de tempo na que Peter Parker (a identidade secreta do Spider-Man contemporáneo) morreu antes de tempo, polo que haberá que refacer a historia, de xeito que o que acontece nun dos universos paralelos terá consecuencias no outro segundo adiantaron dende Beenox.
Spider-Man terá novo videoxogo no outono
Compartir Este Artigo

