Aínda o Windows 7 acaba de chegar na súa versión en galego, e Microsoft prepara o seu novo movemento en sistemas operativos. De feito, xa non é que pense nel, é que xa está a distribuílo, aínda que de xeito limitado e en probas. Segundo se conta na Rede, a multinacional xa está a enviar a versión 8 aos fabricantes de computadores, na súa versión pre-beta, iso si. Polo demais non se sabe moito do novo sistema operativo. O que podemos avanzar é que vai ter un sistema de hibernación rápida, coa vantaxe de garantir a recuperación do estado actual dos programas nun tempo non superior aos 6 segundos. Asemade, incluirá un interfaz en tres dimensións, 3D, novidade dirixida a permitir o seu emprego nos máis diversos trebellos tecnolóxicos, sobre todo nos tablets que se están a desenvolver.
Outra cousa que se pode avanzar é que, como de costume, a empresa puxo en xogo unha serie de medidas para evitar que algo máis que unhas simples características caian nas mans dos competidores. O que se busca é evitar a copia, o plaxio ou o desbaratamento puro e duro dalgunhas das funcionalidades incluídas. Con este motivo, a multinacional obriga aos fabricantes a inserir unha clave única para empregar o sistema operativo. Por certo que a previsión é amosar un primeiro bosquexo sólido e estable da ferramenta na feira PDC para desenvolvedores de software que se prevé celebrar na recta final de ano (a do ano pasado foi en outubro), contemplándose para o ano que vén o lanzamento definitivo de Windows 8, aínda que non hai nada confirmado ao con por cen.
Os fabricantes de equipos comezan a recibir o Windows 8
Compartir Este Artigo
