Á fin… despois de varias semanas de incertidume e de espera impaciente por parte dos asíduos á party informática máis importante do noso país, o Xuventude Galicia Net abre o seu prazo de inscrición.
O encontro, que se levará a cabo entre o vindeiro 15 e o 17 deste mes en Santiago de Compostela (concretamente no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia) abreu onte o seu prazo de inscrición e, segundo explican dende a Xunta, para rexistrarse deberanse“seguir as instruccións que aparecen no banner que hai publicado na web de Xuventude”.
A edición deste ano, a duodécima, vaille dar prioridade á formación dos mozos e mozas que participen no evento, de maneira que en total, segundo informaron, “haberá máis de 40 charlas, relatorios, coloquios e mesas redondas, con relatores chegados de toda España”.
Tamén haberá un obradoiro sobre a plataforma electrónica Arduino e unha exhibición do helicóptero e Hexacopter.
Non faltarán no evento as charlas sobre redes sociais, startups, os podcasting ou os cómics, que achegarán información especializda da man dos profesionais máis importantes do Estado.
Concursos, obradoiros, exhibicións, demostracións e proxeccións de vídeos e películas baixo licenza de Creative Commons completan o programa do XGN deste ano.
Segundo anuncian en Xornal.com, “o sábado pola tarde a Xunta prevé realizar un concerto ao aire libre coa actuación de varios grupos musicais”.
Asemade, afirman, “todo o espazo lúdico estará aberto para tódalas persoas interesadas, que poderán entrar de balde nas instalacións”.
Aberto o prazo de inscrición do XGN
Compartir Este Artigo

