
O estudo, elaborado polo Observatorio da Accesibilidade TIC do portal Discapnet, cualifica o nivel de accesibilidade das redes 2.0 de “baixo”. Máis en detalle, a investigación é especialmente dura co que achegan estes servizos en materia de requerimentos técnicos, cuxo nivel de accesibilidade sinalan como “moi deficiente”. Polo que respecta á experiencia dos usuarios con diversidades funcionais, o servizo achegado aparece como “deficiente”. A situación resultante é especialmente grave para a Fundación ONCE, que ve nestas barreiras a confirmación do que xa se supoñía: que estes servizos, tan espallados e tan útiles, teñen reservado o dereito de admisión. De feito, practicamente fica fóra dalgunha destas utilidades case un 40% da poboación, 16 millóns de persoas con algún tipo de diversidade funcional. “Na era dixital, a accesibilidade é un criterio de calidade e un dereito que cómpre protexer, amais dunha vantaxe competitiva”, fixo saber Luis Crespo, director xeral da Fundación, durante a presentación do informe perante os medios.
As redes sociais suspenden en accesibilidade
Compartir Este Artigo
