
“Dende o pasado domingo o sistema xa está operativo e aberto a tódolos veciños da parroquias da contorna que queiran acceder a el”, engádese. A intención do Concello é manter o servizo, polo de agora, en formato de balde e aberto. Con todo, unha vez que remate o período de proba é ben probable que o sistema pase a ser de pago, aínda que se fará un esforzo por garantir prezos accesibles. As persoas que queiran tirar partido destas infraestruturas deberán achegarse á oficina do técnico de emprego, onde se lles fará chegar unha clave para poder iniciar as sesións en liña.
A maiores disto e de xeito paralelo, o Concello de Redondela tamén vén de dar importantes pasos cara a unha universalización da Sociedade do Coñecemento no seu contorno e pola vía da tecnoloxía sen fíos. O Wi-Fi municipal de Redondela achégalles aos veciños, de xeito gratuíto, Internet sen fíos nas zonas verdes da vila e máis nos centros culturais das parroquias que integran o concello.
A posta en marcha deste servizo, que se insire no proxecto Marisma (unha iniciativa local para a recuperación do medio ambiente deste termo municipal pontevedrés), subministra conexión a través de radioligazóns WiMAX dispostos na Alameda, A Marisma, o paseo do río Pexegueiro e a praza da rúa Alfonso XII. A velocidade é de 256 kb de baixada.
Cee e Redondela estrean cadansúa iniciativa de acceso Wi-Fi para a veciñanza
Compartir Este Artigo

