Aínda que 2010 principiou coa promesa de múltiples dispositivos tipo tablet anunciados de xeito preventivo antes da presentación do iPad de Apple, o feito de que os trebellos deste tipo que foron chegando ao mercado nos últimos meses funcionasen con Android, sistema operativo orientado a móbiles, dificultou a súa aceptación por parte do público, o que promete arranxarse coa chegada de Android 3.0, unha nova versión do sistema operativo de Google alcumada coma Honeycomb, que estará orientada aos tablets (de feito, as versións móbiles continuarán evolucionando en versión 2.x) e da que por fin publican un vídeo de presentación na que amosan as súas principais características:
Honeycomb promete un funcionamento optimizado a pantallas de maior tamaño que os móbiles, redefinindo a experiencia de uso, unha interface «totalmente nova, realmente virtual e holográfica» con funcións multi-tarefa, notificacións elegantes, acceso ás máis de 100.000 aplicacións do Android Market, personalización da pantalla de inicio cunha experiencia 3D e widgets redeseñados e unha maior interactividade.
O navegador web de Android actualízase, incorporando pestanas, auto recheo de formularios, sincronización con Google Chrome e modo de navegación privada; aínda que o máis importante podería ser que Google vai adaptar varios dos seus servizos para o seu uso dende tablets, de xeito que Google Maps 5 chegarán con interaccións 3D e acceso fóra de liña, Google Talk permitirá tanto comunicacións de voz coma de vídeo, Gmail presenta unha interface optimizada para tablets, YouTube tamén conta unha versións adaptada e incluso facilitan o acceso aos máis de 3 millóns de libros electrónicos dispoñibles en Google eBooks.
Motorola XOOM

Vídeo de presentación do Motorola XOOM

