
Este proxecto, que en palabras do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, “é de vital importancia e magnitude, foi quen de atraer o investimento de Silicon Valley, xunto a outras dúas iniciativas localizadas en Estados Unidos e Asia”.
Vázquez Abad engadiu que Educación “está a estudar a posibilidade de integrar no proxecto Abalar as potencialidades desta iniciativa”, e engadiu que, “unha vez confirmadas as potencialidades deste proxecto e os seus beneficios para combater a dispersión no ensino rural galego, Educación tratará de implicar aos Concellos galegos nos que existan CRAs, co fin de ampliar este proxecto innovador”.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, que tamén asistiu á presentación do proxecto piloto, destacou que Computación na Nube “está en sintonía coa folla de ruta marcada polo novo Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (i2C)”, e neste senso explicou que “o Goberno de Xunta aposta por un modelo de investigación aplicada, competitiva e colaborativa; capaz de xerar benestar e crecemento; un modelo no que sempre terán cabida proxectos de alto valor engadido”.
Grazas á tecnoloxía de computación na nube os profesores e alumnos das 7 escolas de educación primaria e infantil que compoñen o CRA galego, poden comunicarse entre si, traballar e facer actividades escolares de forma conxunta sen ter que desprazarse, a través da Rede. Para iso contan coa tecnoloxía cloud, en nube, que permite acceder a unha serie de servizos informáticos e responder ás necesidades do usuario de forma flexible e personalizada, a través de internet e sen necesidade da axuda de expertos informáticos.
Cunha solución de software libre e código aberto os usuarios traballan nunha plataforma sinxela que é axeitada tanto para o profesorado como para os estudantes e as súas familias, grazas á que non é necesario contar cos recursos e programas instalados en cada ordenador, senón que se pode contar cos materiais didácticos e recursos de aula nun espazo común, dispoñible dende calquera ordenador ou incluso móbil, conectado a Internet, para todos os membros da comunidade educativa.
Deste xeito ademais redúcense ao mínimo as dificultades técnicas, limítanse os custos de licencias de software, e créase unha contorna de traballo virtual a través dunha única aplicación lixeira, estruturada en varios niveis de acceso, segundo o perfil do usuario final.
Bota a andar o proxecto piloto, Comunidades Rurais virtuais para a educación na nube
Compartir Este Artigo

