Por terceiro ano consecutivo, Visual MS, a firma galega de software empresarial socia de Ineo, vén de ser elexida como a mellor empresa para traballar en Galicia, e a segunda a nivel estatal, segundo os Best Workplaces España, na categoría de entre 50 e 100 empregados.
Esta entidade permite que os seus empregados elixan a formación e os postos aos que queren optar na compañía ou traballar desde a casa cando o precisen. O persoal tamén dispón dun psicólogo de equipos (coach), dunha mesa de ping-pong coa que desestresarse na propia oficina, dun billar para medir habilidades entre compañeiros, e memo de servizo de catering e masaxista; co cal non é de extrañar que fora escollida como unha das mellores empresas para traballar en España e a ben seguro unha das mellores do mundo.
Pola súa banda, Arteixo Telecom, tamén socia de Ineo, vén de entrar a formar parte do programa Marcas de Alto Potencial Internacional (MAPI) da Asociación de Marcas Renombradas Españolas (AMRE).
Esta resolución, segundo informan dende a Asociación, “supón o recoñecemento de que a marca Arteixo Telecom conta co respaldo dunha excelente reputación e unha sólida traxectoria empresarial, e que está en condicións de desenvolver unha importante traxectoria nos mercados exteriores”.
A decisión representa, asemade, un primeiro paso para a integración da compañía en AMRE, unha entidade para a realización de actividades e proxectos orientados a potenciar e fortalecer as marcas españolas no exterior.
As empresas socias de Ineo pisan forte no panorama nacional
Compartir Este Artigo

