Moitos seareiros da franquía de Resident Evil están desexando botar unha partida en liña dende plataformas portátiles, e mentres a entrega desta saga para a Nintendo 3DS chega o Resident Evil Mercenaries VS para iPhone e iPod Touch ao atractivo prezo de 2,39 euros.
Este xogo de Capcom funciona en dispositivos con iOS dende o iPhone 3GS e o iPod Touch de terceira xeración (agás o modelo de 8 Gb), e é o primeiro xogo desta compañía que permite o xogo en liña en iPhone e iPod Touch por equipos (2 contra 2) ou en individual, facilitando as partidas tanto a través de Wi-Fi como de Bluetooth, e sendo posible tamén xogar en rede contra outros xogadores a través da Internet.
Resident Evil Mercenaries VS permite elixir entre Chris Redfield, Jill Valentine e Albert Wesker, cadaquén coas súas armas características e con 3 mapas distintos que poder utilizar como campo de batalla.
Así loce o xogo nun iPhone ou iPod Touch
Resident Evil Mercenaries VS chega ao iPhone
Compartir Este Artigo

