
O ente educativo prevé “que sexan arredor de 40 os centros que se sumen o vindeiro curso ao proxecto”, e lembra que “os centros que xa están a participar no ABALAR neste curso non precisan solicitalo de novo, senón que continúan dentro do proxecto”.
O programa, que antes funcionaba nalgúns centros en 5º de primaria e 1º da ESO, vaise extender no vindeiro curso a máis centros de ensino e a 6ª de Primaria e 2º da ESO, co que resultarán beneficiados máis de 31.500 alumnos e alumnas galegas.
O obxectivo é, segundo afirman de Educación, que a estratexia de integracións das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) “chegue a arredor de 1.500 aulas duns 340 centros educativos”.
Os colexios e institutos interesados en entrar no proxecto, poderán solicitalo a partires da publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), sempre e cando teñan presentado un proxecto no que resuman as experiencias de formación TIC levadas a cabo nos últimos anos, así como as características do centro respecto da conectividade e instalacións necesarias.
Os novos centros ABALAR implantarán o proxecto no curso 2011/2012 no 5º curso de Primaria e no 1º da ESO para o que recibirán un ordenador ultraportátil para cada alumno, un carriño de carga para os mesmos na aula, e un ordenador para o profesor.
Cabe recordar que o Proxecto ABALAR leva parello un avance sen precedentes na intercomunicación entre os membros da comunidade escolar, a través do espazoAbalar, a plataforma creada para fomentar a participación e a comunicación en rede de toda a comunidade educativa, e que lles permite ás familias facer un seguimento continuado da vida académica dos seus fillos, así como ter unha comunicación directa cos docentes.
Educación abre o prazo para levar o Proxecto ABALAR a máis centros
Compartir Este Artigo

