Ineo, asociación formada no noso país para dar apoio a empresas de base tecnolóxica ou relacionadas dalgunha maneira coa Sociedade da Información, vai colaborar coa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación nunha misión tecnolóxica a Israel para achegar ás súas empresas socias ao mercado deste país.
O periplo tecnolóxico, denominado Transferencia de Coñecemento a Israel, conta co apio do IGAPE e enmárcase no Plan de Internacionalización para empresas innovadoras e de base tecnolóxica, desenvolvido por esta entidade.
A viaxe, que está pensada para que lle saquen proveito as empresas provintes do sector das enerxías alternativas e renovables, das TIC e da tecnoloxía da agricultura e biotecnoloxía, desenvolverase do 23 ao 27 de maio, por distintos lugares de Israel segundo os sectores.
Esta misión de transferencia de coñecemento desenvolverase en dúas partes; unha primeira na que as empresas dos catro sectores anteriores poderán achegarse ao coñecemento deste mercado tecnolóxico a partir de diferentes visitas a institucións de referencia en cooperación internacional de I+D+i entre empresas israelís e extranxeiras. E unha segunda parte centrada nas visitas de cada sector participante aos Centros de Investigación ou Centros Tecnolóxicos concretos relacionados co seu eido. Neste caso, as visitas permitirán acadar un grao de posibilidades de cooperación importante entre estes centros e as empresas galegas participantes.
O custe desta viaxe de negocios é de 3.000 euros por persoa (pero está previso que o IGAPE subvencione o 50 por cento do importe a un representante de cada compañía). O prezo inclúe:
Viaxes de avión ida / volta – 1 persoa
4 noites de hotel en Tel Aviv
Participación nas xornadas técnicas e encontros sociais
Visitas aos centros definidos a cada sector
Tradución Simultánea para as visitas
Traslado aeroporto-hotel-aeroporto
Seguro de viaxe
As empresas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 30 de abril e achegar a documentación requerida a través do correo ineo@ineo.org.
Ineo viaxa a Israel en misión tecnolóxica
Compartir Este Artigo

