A primeiros de agosto vai chegar aos cines españois a película de acción real mesturada con imaxes informáticas dos Pitufos, e parece que non vai chegar soa, senón que vai vir acompañada coas típicas adaptacións aos videoxogos, como un título de minixogos para a Nintendo DS (no que habería que facer cousas como decorar unha torta ou vestir á Pitufiña) e un sorprendente título para a Wii que veñen de filtrar nos EE.UU., e que sería o Smurfs Dance Party, ou sexa, que Papá Pitufo, Pitufo Mangallón e outras pequenas criaturas azuis poderán menear os esqueleto nun divertido xogo de baile con temas dos Jackson 5, Selena Gomez e Katy Perry entre outros.
Con este tipo de lanzamento dá a impresión de que o ruxerruxe de que os xogos de baile poderían ser a burbulla que seguise á dos xogos musicais con guitarra ten fundamento.
Os Pitufos terán xogo de baile para Wii
Compartir Este Artigo

