
Segundo informa El Faro de Vigo, a proposta ten o seu alicerce nun estudo elaborado polo historiador local Xosé Carlos Villaverde acerca das devanditas pezas, un reclamo de primeira liña para visitantes e tamén para a propia veciñanza, que pode coñecer de xeito máis detallado e completo o seu patrimonio.
Como dixemos, o proxecto vén da man de Xosé Carlos Villaverde, integrante da Asociación Cultural Nós, quen fixo un detallado estudo pola historia urbana do concello que incluíu, entre outras cousas, un achegamento ás sucesivas incorporacións artísticas das que foi obxecto a vila, acontecidas sobre todo durante a última década. Este proceso de posta en valor e promoción abrangue, como non podía ser doutro xeito, un completo achegamento a un dos principais atractivos patrimoniais da vila: a estatua de O Fisgón de Manuel Varela, emprazada no paseo marítimo a finais de 2009. Trátase dunha peza de case 15 toneladas de peso e catro metros de altura e que lle rende homenaxe á que por tradición é unha das actividades laborais máis representativas da zona: a mariñeira.
As esculturas de Moaña, polo miúdo no Facebook
Compartir Este Artigo
