
A continuación, retomamos a listaxe de relatores programada e ampliamos os datos previamente achegados.
· Diego Mariño, de Ducksboard e autor de Externalidades Fundador en 2006 da plataforma de computación na nube Abiquo, que pechou 2010 cun investimento total de 15 millóns de euros e oficinas en tres países. Por certo que hai uns meses deixou a empresa para centrar o seu quefacer en Few Ducks, unha firma de desenvolvemento de produtos SaaS cuxa primeira aposta é Ducksboard, servizo para monotorizar todo tipo de aplicacións.
· Miguel Silva, da empresa galega de produtos e lecer electrónico, Blu:sens, da que é cofundador e vicepresidente dende o ano 2002. Ademais, é o máximo representante da Spanish Busines Council nos Emiratos Árabes Unidos dende 2005.
· Antonio Rodríguez del Corral, de R Cable. É o xerente da operadora galega de cable, amais de membro do Equipo Directivo e do Comité de Mercado da compañía. Asemade forma parte do comité asesor do SITE, o Salón Internacional de Tecnoloxía do salón EXPOCoruña.
· Antonio Muíños. Da empresa Portomuíños, unha compañía de raizame familiar onde Antonio, xunto coa súa muller Rosa Mirás, desenvolve unha distribución de produtos gastronómicos innovadores que se apoia en boa medida nas vantaxes das redes. Máis polo miúdo, a empresa céntrase na comercialización de algas. Segundo apunta Iniciador Galicia, “basean o éxito da súa empresa no estudo e a divulgación das calidades das algas, distribuíndoas en tódolos puntos da comunidade española e en diferentes países dos cinco continentes”.
· Iago Soto, da empresa TIC Quobis, creada en 2006 polo propio Soto xunto con Elías Pérez. Trátase dunha consultora especializada en tecnoloxías emerxentes e con sede de operacións principal en Vigo. Iago Soto centra a súa actividade ao abeiro desta firma no desenvolvemento da imaxe, no impulso das ventas e da promoción. Asemade, participa decote en foros para emprendedores e actividades ligadas co mundo empresarial.
O programa do congreso-festa dos dous anos de Iniciador Galicia quedaría deste xeito:
18:00 Presentación Iniciador Galicia
18:30 Diego Mariño
19:15 Miguel Silva
20:00 Descanso
20:15 Mesa redonda Innovación en Galicia: R , Portomuíños e Quobis
21:15 Festa: Work Hard, Party Hard!!!!!!
A maiores disto, informa a organización, a empresa colaboradora Buscadestinos vai agasallar aos participantes no encontro cun 15% de desconto en calquera hotel da Coruña durante a noite do evento.
Todo listo para a festa dos dous anos de Iniciador Galicia
Compartir Este Artigo
