Tras anunciar que no E3 de xuño presentarán a consola que sucederá á Wii en 2012 e ante a proximidade do verán dende Nintendo decidiron que o vindeiro 20 de maio comezar a comercializar un lote coñecido como Mario Kart Wii Pack, que incluirá unha consola Wii branca, un mando Wii Plus, un Nunchuk, un volante e unha copia do xogo Mario Kart Wii (do que xa venderon 899.285 unidades en España), agardando revitalizar as vendas da consola doméstica de Nintendo, e coincidindo no calendario coa rebaixa do Pack Wii Sports Resort (que inclúe unha Wii negra, un mando Wii Plus, un Nunchuk e os xogos Wii Sports e Wii Sports Resort) e coa estrea de Nintendo Selects, nova gama de xogos populares de Wii que terán un prezo rebaixado (uns 20 euros, aínda que o prezo final non o fixa Nintendo, senón os distribuidores e as tendas) e que inicialmente está formada por títulos como Wii Sports, WarioWare: Smooth Moves, Mario Strikers Charged Football e Animal Crossing: Let’s Go To The City.
O 20 de maio a Wii vestirase de rebaixas
Compartir Este Artigo

