O granadino Bernardo Lorenzo, elexido recentemente novo presidente da Comisión do Mercado de Telecomunicación (CMT), vén de facer públicas as primeiras medidas reguladoras que vai levar a cabo no seu mandato, entre as que, para alegría de todos, destaca o descenso dos prezos dos servizos de telecomunicación para aliñalos o máximo posible “cos países de vangarda da UE”, explicou. Malia que a CMT non pode influir directamente nos prezos minoristas, Lorenzo anunciou que vai procurar actuar (da man do órgano que preside) sobre os custes maioristas, así como fomentar a transparencia en relación ás ofertas e incentivar a competencia entre os operadores.
“Hai ofertas competitivas no mercado, pero os prezos de Telefónica están por enriba da media europea”, asegurou o acabado de nombrar presidente, “pero os prezos de Telefónica están por enriba da media europea. Hai que actuar sobre os prezos mayoristas, que son os que tiran á baixa os prezos”, indicou.
Como medidas a tomar no seu mandato, Lorenzo engadiu que realizará consultas públicas respecto ás decisións que se adopten na CMT, coa finalidade de “lograr o máximo grao de acordo e consenso nas decisións que se adopten no consello e fomentar a transparencia”.
Na súa intervención, Lorenzo tamén manifestou que outra das súas pretensións como novo presidente da CMT, será levar a cabo “medidas que incentiven o investimento, por parte dos operadores españois, en redes de nova xeración e redes de fibra ultra-rápida, que melloren a velocidade e as prestacións aos usuarios de Internet”.
O novo presidente da CMT velará pola baixada das tarifas
Compartir Este Artigo

