
A relevancia do iPhone e do iPad conseguiu que Apple gañase moito peso nos últimos meses, chegando a unha valoración de marca de 153.286 millóns de dólares, mentres que Google quedou en 111.498, IBM en 100.849 millóns, McDonalds en 81.016 millóns, Microsoft en 78.243 millóns e Coca-Cola en 73.752 millóns, confirmando que o sector tecnolóxico está a ser o máis representativo para o público no que a recoñecemento de marca se refire.

Éxito de Apple en China
A listaxe de BrandZ chega xusto no momento no que Apple abraia por conseguir que en China, mercado no que a piratería industrial acéptase con total normalidade, o lanzamento do iPad 2 fose un éxito contundente, esgotando as unidades dispoñibles en 4 horas. Actualmente en China só está á venda o modelo con Wi-Fi, e hai pouco tamén tivo unha acollida semellante no país o iPhone 4 de cor branca.
A estrea do iPad 2 en China vista en vídeo
