Un dos xogos de Rockstar Games xa é unha realidade, e hoxe chega ás tendas española en versións para PlayStation 3 e Xbox 360 L.A. Noire, un thriller que conta a historia de Cole Phelps, un veterano da Segunda Guerra Mundial que se incorpora como detective na policía de Los Ángeles en plena Idade de Ouro de Hollywood, polo que a ambientación xoga un papel moi importante nesta aventura na que haberá que resolver unha serie de casos nos que o protagonista cruzarase con aspirantes a estrelas fracasados, axentes corruptos e toda unha serie de personaxes que poderiamos considerar tópicos en novelas e películas de xénero negro.

Pese a que a estética coidada e unha historia robusta parezan ser suficientes para valerlle boas críticas a este xogos, a meirande parte dos que o probaron coinciden en destacar que é a expresión facial dos personaxes (chave para saber se son de fiar durante os interrogatorios) chega a un nivel sen precedentes grazas a un revolucionario sistema de captura de movementos que suporá un antes e un despois no sector dos videoxogos.
L.A. Noire chega ás tendas españolas
Compartir Este Artigo

