
A maiores, temos que falar dun incremento significativo do número de iniciativas que se presentaron, un 21% maior có do exercicio anterior. O ano 2011 é, polo tanto, o ano no que máis solicitudes se recolleron dende a posta en marcha destes galardóns, informa a Fundación CEL na súa web.
Logo dun primeiro exame elaborado dende a entidade con sede en Lugo, esta quixo salientar a “alta calidade os proxectos, que superan de novo tódalas expectativas xeradas e que presentarán, polo tanto, grandes dificultades para os xurados á hora de seleccionar os proxectos gañadores”. E continúan: “Este importante número de proxectos presentados supón unha moi boa nova para provincia, na medida en que as iniciativas que concorren aos nosos premios dan unha idea do bo estado de saúde do emprendemento en Lugo, malia a crise económica global e as dificultades que cómpre engadir a unha provincia como a nosa, con escaso desenvolvemento no seu tecido industrial e empresarial”.
Máis en detalle, os 85 proxectos presentados á categoría de Iniciativa Empresarial optan á súa vez en catro modalidades de Premio: na de Premio a Proxectos de Creación de Empresa presentáronse trinta e tres candidaturas; na de Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresa, dezasete; na da de Premio a Proxectos de Investigación e Innovación Aplicada á Empresa, trece; e na nova modalidade vixente desde este ano, de Premio a Proxectos de Creación de Empresas de Alumnos de Formación Profesional, presentáronse un total de vinte e dúas candidaturas provenientes á súa vez dun total de dez institutos de toda a provincia.
Máis participación ca nunca nos premios da Fundación CEL á innovación empresarial
Compartir Este Artigo
