
Causa e consecuencia disto, engadiu, é a transparencia da Rede, un mundo onde todo se sabe e (probablemente facendo referencia a si mesmo como figura pública en permanente observación) e que obriga aos Estados a reaccionar cando se dea unha situación de revolta social. Sarkozy, neste senso, louvou o potencial da Rede como elemento de mobilización de protesta, ao alcance de calquera cidadán, que está agora en disposición “de tirar abaixo poderes construíndo barricadas virtuais e movementos reais”. A xuízo do presidente, que en vista da súa opinión sobre a transparencia da plataforma en liña é moi probable que el tamén se aplicara o conto de ir adaptándose ao que contan del nela, os internautas poden mudar o mundo como Edison ou Newton foron quen de facelo no pasado.
Porén, dixo, non todo son luces, subliñou. Tamén hai sombras, como por exemplo a creación e afianzamento de grandes estruturas empresariais de poder que cheguen a controlar a información en beneficio propio. Segundo informa El País, esta é unha clara alusión ao crecente poder de firmas como Google ou Microsoft. Sarkozy tamén advertiu da proliferación na Rede de actividades delitivas tan preocupantes como a pornografía infantil.
Sarkozy sostén no cumio do G8 que non hai maneira de frear Internet
Compartir Este Artigo
